Jodi Rowley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJodi Rowley
Biografía
Datos persoais
EducaciónUniversidade James Cook (pt) Traducir - Doutor en filosofía Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónherpetóloga Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMuseu Australiano (pt) Traducir (2008–) Editar o valor em Wikidata

Twitter: jodirowley Editar o valor em Wikidata

Jodi J. L. Rowley é unha herpetóloga e conservacionista australiana.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rowley recibiu o seu diploma de bacharel en ciencias ambientais na Universidade de Nova Gales do Sur en Sydney, na Australia, e o seu PhD pola Universidade James Cook. A súa tese de doutoramento abordou o tema do declive dos anfíbios causado pola quitridiomicose.[2] Despois de terminar o seu PhD, en 2006 ela mudouse a Camboxa para traballar para a Conservación Internacional como bióloga da vida salvaxe.[1][3] Volveu para a Australia en 2008 e comezou a traballar no Museo Australiano. En 2016, foi nomeada curadora de Bioloxía de Conservación de Anfibios e Réptiles no Museo Australiano. O seu traballo actual envolve unha mestura de taxonomía e bioloxía da conservación. Xa realizou varias expedicións de pescuda en Australia e no Sueste Asiático.[4]

Rowley é membro do Comité Científico de Especies Ameazadas de Nova Gales do Sur, da Autoridade Anfibia da Lista Vermella da UICN e do Comité de Dirección de AmphibiaWeb. Tamén é presidenta do grupo de expertos anfibios da Comisión de Supervivencia de Especies da UICN para o continente do sueste asiático.[5]

Rowley foi unha das cofundadoras da aplicación FrogID e é a súa científica xefe.[1] A aplicación usa a ciencia cidadá para recompilar datos sobre a distribución e a actividade das ras australianas, para informar tanto na investigación como na conservación. [6]

Rowley é a editora de Anfibia para Zootaxa.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Explorers Directory". Consultado o 22 de xuño de 2020. 
  2. "Profile: Dr. Jodi Rowley – Herpetologists' League". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2020. Consultado o 22 de xuño de 2020. 
  3. "All Hail Our Amphibian Overlords and Ancestors – Jodi Rowley joins Real Scientists – Real Scientists". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2020. Consultado o 22 de xuño de 2020. 
  4. "Jodi Rowley | School of Biological, Earth and Environmental Sciences". Consultado o 22 de xuño de 2020. 
  5. 5,0 5,1 Rowley, Jodi. "Dr Jodi Rowley". Consultado o 22 de xuño de 2020. 
  6. "Don’t foget to download FrogId". 28 de novembro de 2017. Consultado o 23 de xuño de 2020.