Joaquín Viola
Nome orixinal | (ca) Joaquim Viola i Sauret |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de xuño de 1913 Cebreros, España |
Morte | 25 de xaneiro de 1978 (64 anos) Barcelona, España |
Causa da morte | homicidio |
110º Alcalde de Barcelona | |
18 de setembro de 1975 – 6 de decembro de 1976 ← Enric Masó – Josep Maria Socías → | |
Procurador en Cortes | |
11 de novembro de 1971 – 30 de xuño de 1977 Lexislatura: X lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971 Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, rexistrador da propiedade |
Partido político | Falange Española Tradicionalista y de las JONS |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Premios | |
Joaquín Viola, nado en Cebreros (Ávila) o 26 de xuño de 1913 e finado en Barcelona o 25 de xaneiro de 1978, foi un político catalán, alcalde de Barcelona entre 1975 e 1976.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun rexistrador da propiedade natural de Balaguer, pasou tan só dous meses na súa localidade natal trasladándose entón a Cataluña. Ao comezo da Guerra Civil española pasou á zona franquista e ingresou no seu exército, chegou ao rango de tenente e foi ferido na fronte de Teruel. Ingresou no corpo de Rexistradores da Propiedade en 1941. Procurador en Cortes desde 1967, alí presentou en 1970 unha emenda á Lei Xeral da Educación para que se considerase o ensino das linguas non casteláns un elemento esencial da educación. O 18 de setembro de 1975 asumiu o cargo de alcalde de Barcelona, permaneceu no posto ata decembro de 1976, durante a súa xestión revisou o Plan Comarcal, militarizou aos bombeiros e á policía municipal, despois foi durante uns meses director xeral da Función Pública.
Morreu coa súa dona o 25 de xaneiro de 1978 nun atentado consistente en colocarlle unha bomba no peito que nunca foi reivindicado.
Predecesor: Enric Masó |
Alcalde de Barcelona setembro de 1975 - decembro de 1976 |
Sucesor: Josep Maria Socías |