Joaquín Becerra Armesto
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de outubro de 1829 Castro de Rei, España |
Morte | 19 de decembro de 1896 (67 anos) Ferrol, España |
Senador de España | |
Actividade | |
Ocupación | político, militar |
Familia | |
Irmáns | José Becerra Armesto Manuel Becerra Armesto |
Joaquín Becerra Armesto, nado o 20 de outubro de 1829 en Castro de Rei e finado en Ferrol o 19 de decembro de 1896, foi un militar e político galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Gonzalo Becerra Llamas e Carmen Armesto, irmán de Manuel e José Becerra Armesto. Foi Comandante de Artillaría. Encadrado no Partido Liberal e seguidor de Montero Ríos, foi deputado a Cortes polo distrito de Celanova (1872 e 1881-1884) e por Ferrol (1884-1886). Foi elixido Senador pola provincia de Pontevedra (1889-1890) e pola da Coruña (1898-1899). Volveu ser elixido deputado por Ferrol nas eleccións de 1899 e 1901.