José Becerra Armesto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Becerra Armesto
Nacementoséculo XIX
 Santiago de Compostela
Falecemento16 de febreiro de 1916
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, escritor e político
IrmánsManuel Becerra Armesto e Joaquín Becerra Armesto
editar datos en Wikidata ]

José Becerra Armesto, nado en Santiago de Compostela e finado en Madrid o 16 de febreiro de 1916, foi un xornalista, escritor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Gonzalo Becerra Llamas e Carmen Armesto, irmán de Manuel e Joaquín Becerra Armesto. Foi redactor en Madrid de La Nación (1864-1866) e La Prensa (1880). Trasladado a Pontevedra, colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana, Revista de Galicia e foi redactor de La Izquierda Dinástica (1893). En 1901 dirixiu La Discusión. Encadrado no Partido Liberal e seguidor de Montero Ríos, foi xefe da sección de Belas Artes do Ministerio de Fomento e gobernador civil de Ourense e Córdoba (1898). Publicou "El verano en Galicia", na Revista de España (1875); Una excursión a Extremadura (1879) e Las torres de Altamira. Leyenda compostelana, como folletín de El Correo Gallego, dende o 11 de abril de 1885.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]