Joaquín González de la Peña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoaquín González de la Peña

Retrato publicado en 1905
Biografía
Nacemento10 de setembro de 1836 Editar o valor em Wikidata
Morte6 de abril de 1908 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Madrid
Ministro
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxurista e político
EmpregadorTribunal Supremo de España Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal Fusionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaría del Pilar de la Encina, baronesa de Forna


Joaquín González de la Peña, nado o 10 de setembro de 1836[1] e finado en Madrid o 6 de abril de 1908[2], foi un avogado e político español, ministro de Graza e Xustiza durante o reinado de Afonso XIII.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Senador por Sevilla en 1905,[3] desenvolveu a súa carreira profesional na Administración de Xustiza chegando ser presidente de sala do Tribunal Supremo, cargo que ocupaba cando foi nomeado ministro de Graza e Xustiza no goberno que presidía Eugenio Montero Ríos. Desempeñou a carteira entre o 23 de xuño e o 31 de outubro de 1905.[4]

Faleceu repentinamente en Madrid o 6 de abril de 1908. Foi enterrado no cemiterio de San Justo, nesta mesma cidade[5].

Vida familiar[editar | editar a fonte]

Foi irmán de Ángel González de la Peña, subgobernador do Banco de España. Casou coa baronesa de Forna, María del Pilar de la Encina[2], que faleceu o 9 de febreiro de 1909[6], e foi pai do barón de Forna, Joaquín González-de la Peña de la Encina.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Senado. Legislatura de 1905. Sr. González de la Peña, D. Joaquín". Senado de España (en castelán). Consultado o 19-12-2021. 
  2. 2,0 2,1 "Don Joaquín González de la Peña". La Época (en castelán) (Madrid). 6-4-1908. p. 3. 
  3. Senado de España (ed.). "González de la Peña, Joaquín". Senadores (en castelán). 
  4. Centro de Ciencias Humanas y Sociales (CCHS) do CSIC (ed.). "Ministros y miembros de organismos de gobierno. Regencias, Juntas de Gobierno, etc (1808-2000): g-I" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2015. Consultado o 10 de decembro de 2021. 
  5. "Noticias". El País (en castelán) (Madrid). 8-4-1908. p. 5. 
  6. "Noticias varias". La Época (en castelán) (Madrid). 10-2-1909. p. 2. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Francisco Javier Ugarte Pagés
 Ministro de Graza e Xustiza 
1905
Sucesor:
Manuel García Prieto