Joaquín Azurmendi Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoaquín Azurmendi Alonso
Biografía
Nacemento1889 Editar o valor em Wikidata
Valladolid, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xullo de 1936 Editar o valor em Wikidata (46/47 anos)
Tui, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Joaquín Azurmendi Alonso, nado en Valladolid cara a 1889 e finado en Tui o 28 de xullo de 1936, foi un mestre armeiro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alumno aprobado pola Fábrica de Armas de Oviedo en 1911, foi destinado como mestre armeiro de terceira clase ao grupo de metralladoras da terceira brigada de Cazadores, afecta ao batallón de Barcelona.[1] En 1922 foi destinado ao Grupo de Forzas Regulares Indíxenas de Melilla.[2] Concedéronlle o retiro en Tui en agosto de 1931.[3] Colaborou en Tribuna. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia ao exército sublevado e logo fuxiu ao monte Aloia. Froito dos enfrontamentos coas columnas do exército dedicadas á súa persecución, foi abatido o 28 de xullo xunto a Antonio Fernández Seoane.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Día de Madrid, 31-3-1911, p. 3.
  2. La Correspondencia Militar, 29-6-1928, p. 3.
  3. Diario Oficial del Ministerio de la Guerra, 26-8-1931, p. 701.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]