Saltar ao contido

Joan Navarro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoan Navarro

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1951 Editar o valor en Wikidata (72/73 anos)
Oliva, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, profesor universitario, tradutor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX925856

Joan Navarro, nado en Oliva en 1951, é un escritor valenciano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Publica os seus primeiros poemas na antoloxía da nova poesía valenciana , Carn fresca e en 1974 publica o seu primeiro poemario, Grills esmolen ganivets a trenc de por cuns poemas pesimistas, obsesivos e brutais. En 1975 dá ao prelo L'ou de la gallina fosca, un poemario máis unitario e elaborado.

En 1979 publica o libro de prosa poética Vaixell de folls. Posteriormente publica os poemarios Bardissa de foc (1981), Arqueologia del saber (1981) e a obra de narrativa Dumcondra (1991). O poemario Magrana (2004) é a súa última obra. Traduciu a Pier Paolo Pasolini e Eugenio Montale ao catalán.