João Vaz Corte-Real
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 1420 (Gregoriano) Faro, Portugal |
| Morte | 2 de xullo de 1496 Angra do Heroísmo, Portugal |
| Actividade | |
| Ocupación | explorador |
| Familia | |
| Fillos | Miguel Corte-Real, Vasco Anes Corte-Real, Gaspar Corte-Real |
| Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography |

João Vaz Corte-Real, morto en 1496, foi un mariño portugués do século XV.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1474 lle foi doada a capitanía de Angra do Heroismo na illa Terceira e en 1483 a de San Jorge nos Azores por descubir por volta de 1472 a Terra Nova do Bacallau, especúlase con que este territorio fora Terra Nova, de ser certo Corte-Real chegaría a América vinte anos antes de Cristovo Colón, foron dúas as viaxes que realizou, na primeira acompañado polos seus fillos Gaspar e Miguel e na segunda baixo o mando do dinamarqués Johannes Scolvus, nunha expedición conxunta patrocinada polos reis de Portugal e Dinamarca en 1476 que chegaría ata Groenlandia e mesmo se especulou coa posibilidade que Colón soubese desta viaxe antes da súa partida de Palos.