João Gomes
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 2 de maio de 1985 Ilha do Fogo, Cabo Verde (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 198 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 100 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2003 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Cabo Verde Portugal | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2007 | Campionato europeo de baloncesto de 2007 |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
João Roberto Gomes Correira, máis coñecido como Betinho, nado o 2 de maio de 1985 na Illa de Fogo, Cabo Verde, é un xogador profesional de baloncesto portugués que actualmente milita no MoraBanc Andorra da Liga ACB. Cunha altura de 1,99 metros xoga na posición de ala.
Características
[editar | editar a fonte]João Gomes, "Betinho" como se lle coñece no mundo do baloncesto, é un xogador con excelentes calidades físicas. Poderíase dicir que desenvolve un xogo típico de escolta a pesar de ter o físico propio dun beirado. Posúe un gran primeiro paso xogando un contra un, penetra con ambas as mans e finaliza moi arriba, sendo capaz de parar e tirar. Ten un bo tiro de 3 puntos, balón dobrado, un contra un e é especialmente rápido ao contraataque. A súa mellora é aínda máis evidente no xogo 5*5 onde agora xa axunta o seu físico co coñecemento do xogo.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Procedente do FC Barreirense fichou polo Cantabria Lobos na tempada 2007 antes de incorporarse nese mesmo no Breogán, onde xogou dende aquela ata o ano 2011. Era un dos xogadores que máis facía vibrar á bancada coas súas accións espectaculares. Participou no Eurobasket 2007 de España coa Selección de baloncesto de Portugal.
Clubs
[editar | editar a fonte]
FC Barreirense (2003-2007)
Cantabria Lobos (2007)
Leite Río Breogán (2007-2011)
SL Benfica (2011-2014)
MoraBanc Andorra (dende 2014)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha de Betinho en www.cbbreogan.com". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2009. Consultado o 14 de maio de 2010.