Jimmy Giménez-Arnau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJimmy Giménez-Arnau
Biografía
Nacemento(es) Joaquín José Víctor Bernardo Giménez-Arnau Puente Editar o valor em Wikidata
14 de setembro de 1944 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Brasil Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xornalista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1977 Editar o valor em Wikidata -
Pseudónimo literarioJimmy Giménez-Arnau
Jimmy Corso Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaría del Mar Martínez-Bordiú y Franco (en) Traducir , divorcio Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0319887 Twitter: jimmy_gimenez_ Editar o valor em Wikidata

Joaquín José Víctor Bernardo Giménez-Arnau Puente, nado no Brasil o 1 de setembro de 1944, popularmente coñecido como Jimmy Giménez-Arnau, é un novelista, poeta e xornalista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do diplomático e escritor José Antonio Giménez-Arnau Gran, Jimmy Giménez-Arnau naceu a bordo do transatlántico español Cabo de Hornos mentres navegaba por augas brasileiras. Licenciouse en dereito e diplomouse en xornalismo. Durante a súa mocidade practicou a nivel afeccionado fútbol e boxeo e, entre outras actividades, foi vendedor (ou marchand) de obras de arte.

Como xornalista, foi correspondente de guerra e cofundador da revista Hermano Lobo[1], onde escribía baixo o seudónimo de «Jimmy Corso».[2]. En 1980 escribiu e dirixiu xunto a Julio Wizuete, Cocaína, unha película na que ademais tivo unha participación como actor. En 1983 creou a televisión clandestina «Onda Blúmini».[3].

Como escritor, empezou facendo poesía e publicou Cuya selva e La soledad distinta. En 1977 escribiu a súa primeira novela, Las islas transparentes, coa que quedou finalista do Premio Nadal[4]. Outras obras súas son: Yo, Jimmy. Mi vida entre los Franco, Neón en vena. Enfermos en el paraíso, Los insatisfechos (a súa segunda novela), Las malas compañías. Hipótesis íntimas sobre la muerte de los marqueses de Urquijo, Como forrarse y flipar con la gente guapa, Camaleones y lagartas, Zelos (a súa terceira novela) e España me pone.

Personaxe popular[editar | editar a fonte]

Debido ao seu matrimonio en 1977 con María del Mar «Merry» Martínez Bordiú, neta do ditador Francisco Franco, con quen tivo unha filla, Leticia, Jimmy Giménez Arnau converteuse nun personaxe popular. Uniuse dez anos despois cunha modelo. O seu anterior matrimonio disolveuse cunha sentenza do Tribunal da Rota o 28 de abril de 1993. Este feito colocouno inmediatamente no punto de mira da prensa do corazón, coa que desde entón vén colaborando e realizando polémicas aparicións. Esta relación viuse especialmente fomentada e explotada a raíz do auxe en España da televisión especializada na vida privada dos famosos. Giménez-Arnau non tivo problemas en expoñer a súa vida fronte aos medios, aproveitándose da súa condición de exparente dos Franco para criticar a familia.

Nos últimos anos, mercé á súa controvertida personalidade e o seu carácter polémico, pasou a formar parte indiscutible do que se deu en chamar, con maior ou menor acerto crítico, como telelixo[5].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]