Jetstar Japan Co., Ltd. (xaponés: ジェットスター・ジャパン株式会社 Hepburn: Jettosutā Japan Kabushiki Kaisha) é unha aeroliña de baixo custo xaponesa baseada en Tokyo. A compañía comezou a operar o 3 de xullo de 2012, meses antes do planeado inicialmente.[1] Jetstar Japan voa a 14 destinos, 11 domésticos e 3 internacionais, usando unha frota de 22 avións Airbus A320. Jetstar Japan compite contra Peach Aviation e Vanilla Air no mercado doméstico de baixo custo.[1] A aeroliña é propiedade de Qantas (33.3%), Japan Airlines (33.3%), Mitsubishi Corporation (16.7%), e Century Tokyo Leasing Corporation (16.7%).[2]