Saltar ao contido

Jesús Larrañaga Churruca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJesús Larrañaga Churruca
Biografía
Nacemento17 de abril de 1901 Editar o valor en Wikidata
Urretxu, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de xaneiro de 1942 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Outros nomesGoierri Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, sindicalista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1102099

Jesús Larrañaga Churruca, coñecido como Goierri, nado en Urretxu (Guipúscoa) o 17 de abril de 1901 e finado en Madrid o 21 de xaneiro de 1942, foi un político comunista español, un dos fundadores do Partido Comunista de Euskadi.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De familia vascofalante, sendo mozo adscribiuse ao nacionalismo vasco: foi militante das Euzko Gaztedi Indarra, as xuventudes do Partido Nacionalista Vasco, e do sindicato ELA-STV. Posteriormente abandonou a militancia nacionalista para pasarse á militancia obreira revolucionaria e ingresar nas filas do Partido Comunista de España (PCE). Membro da dirección do PCE, en 1935 foi un dos impulsores da sección vasca do partido, o Partido Comunista de Euskadi (PCE-EPK), xunto con Dolores Ibárruri e Juan Astigarrabía. Durante a guerra civil foi nomeado Comisario de Guerra en Guipúscoa, onde ordenou fusilar aos sublevados. Enfrontouse ao lehendakari José Antonio Aguirre en 1937 pola decisión de evacuar Bilbao sen combater o avance das tropas sublevadas. Logo da caída da Fronte do Norte, vuelveu a Madrid, onde se dedicou a tarefas organizativas dentro do PCE. Opúxose en Levante ao golpe de Estado do coronel Segismundo Casado e organizou a evacuación de numerosos militantes comunistas.

Ao finalizar a guerra exiliouse en Francia. Despois trasladouse a Cuba e a Nova York. En 1941 a dirección do PCE decidiu enviarlo de volta a España para reconstruír o PCE xunto a Jesús Hernández e Pedro Checa. Logo de viaxar clandestinamente nun barco portugués desde Estados Unidos, foi detido pola policía portuguesa en Lisboa, sendo entregado ás autoridades franquistas. Xulgado en consello de guerra, foi condenado a morte. Foi fusilado xunto a outros membros da dirección do PCE, como Francisco Barreiro Barciela, Eladio Rodríguez González, Manuel Asarta Imaz, Jaime Girabau Estévez e Isidoro Diéguez Dueñas, nas tapias do Cemiterio da Almudena en 1942.[1]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En decembro de 1979 fundouse en Beasain unha asociación denominada "Sociedad Cultural Jesús Larrañaga".[2]

  1. "Listado alfabético de personas fusiladas en las tapias del Cementerio del Este (1939-1945)". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2022. Consultado o 17 de febreiro de 2023. 
  2. IVAP. "Datos de la asociación". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2016. Consultado o 29 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Garai Bengoam, Juan Ramón (2008). Celestino Uriarte: clandestinidad y resistencia comunista. Madrid: Txalaparta. pp. 162 e ss. ISBN 978-84-8136-524-5. 
  • Estruch Tobella, Joan (1998). El PCE en la clandestinidad. 1939-1956. Madrid: Siglo XXI. ISBN 84-932232-8-X. 
  • Fernández Rodríguez, Carlos (2020). Los otros camaradas: El PCE en los orígenes del franquismo (1939-1945) (en castelán). Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza. pp. 348–351. ISBN 9788417873707. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]