Saltar ao contido

Jesús Tato Lens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJesús Tato Lens

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1859 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Morte22 de agosto de 1929 Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
Lyndhurst Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata

Jesús Tato Lens, nado en Santiago de Compostela[1] cara a 1859 e finado en Lynhurst (Nova Jersey) o 22 de agosto de 1929, foi xornalista e sindicalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Emigrou a Cuba cara a 1890. Pasou despois a outros países centroamericanos, ata chegar aos Estados Unidos de América e instalarse en Nova York. Dedicouse ao xornalismo, foi correspondente de Vida Gallega en Nova York,[2] e escribiu para esta revista unha serie de biografías de ricos emigrantes galegos.[3] Foi un dos fundadores da Unión Benéfica Española e da casa de Galicia en Nova York,[4] e delegado da Cruz Vermella Española en Nova York.[5]

Foi un líder obreiro.[6] Nos últimos anos da súa vida dedicouse ao ensino da lingua castelá.[7]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou na Habana con Carmela Pardo Suárez en 1891.[8]

  1. ↑ Outras fontes afirman que naceu en Vigo.
  2. ↑ Vida Gallega, 31-7-1910, p. 16.
  3. ↑ "Los gallegos en New-York", Vida Gallega, 30-4-1910, 15-5-1910 e 30-7-1910.
  4. ↑ Eco de Galicia, 2-10-1925, p. 24.
  5. ↑ El Ideal Gallego, 8-11-1928, p. 8.
  6. ↑ Vida Gallega, 20-10-1927, p. 28
  7. ↑ "El entierro del señor Jesús Tato Lens hoy", La Prensa, 24-8-1929, p. 3.
  8. ↑ El Regional, 7-2-1891, p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]