Saltar ao contido

Jesús Puente Fontanes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 24 de agosto de 2015 ás 13:14 por Breogan2008 (conversa | contribucións)

Jesús Ignacio Puente Fontanes, nado na Cardavella (parroquia de Guimarei, no concello da Estrada) o 19 de outubro de 1898 e finado en Pontevedra o 5 de xuño de 1937, foi un político galego.

Traxectoria

Tiña unha xastrería na rúa Pérez Viondi da Estrada. Vinculado ao sindicato agrario de Guimarei, figurou na candidatura do Centro Republicano que gañou as eleccións municipais de 1931, e foi elixido concelleiro e nomeado tenente alcalde na corporación que presidiu Juan Manuel Rodríguez Seijo. Cando no outono de 1934 hai unha crise no goberno municipal, pasou a ocupar a alcaldía, pero o 15 de outubro foi detido por orde militar debido aos sucesos de Asturias, aínda que foi liberado en poucos días. Foi Secretario de Propaganda de Izquierda Republicana en 1935. O 5 de maio de 1936 constituíuse a Comisión Xestora Municipal que o elixiu como alcalde presidente da mesma. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Pontevedra por rebelión militar. Sentenciado a pena de morte, foi executado na Avenida de Bos Aires de Pontevedra o 5 de xuño de 1937.


Predecesor:
Juan Manuel Rodríguez Seijo
 
Alcalde da Estrada
 
1936
Sucesor:
Pedro Gil Crespo

Véxase tamén

Ligazóns externas