Juan Manuel Rodríguez Seijo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de novembro de 1866 A Estrada, España |
Morte | 4 de xullo de 1957 (90 anos) A Estrada, España |
Alcalde da Estrada | |
21 de febreiro de 1936 – 5 de maio de 1936 – Jesús Puente Fontanes → | |
Alcalde da Estrada | |
1931 – 1934 ← José Mario de Silva Gómez | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Juan Manuel Rodríguez Seijo, nado na Estrada o 26 de novembro de 1866 e finado no mesmo concello o 4 de xullo de 1957, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Perito agrícola. Foi concelleiro agrario da Estrada en 1916 e volveu ser elixido concelleiro en 1922.[1] Ao proclamarse a República foi nomeado presidente da xunta xestora da que formaban parte Perfecto Porto Fraiz, José Caramés Pazos, José Álvarez, José María Pena e Albino Chao Coro. Foi elixido concelleiro nas eleccións celebradas o 31 de abril de 1931 e nomeado alcalde da Estrada en maio de 1931. Presidiu a Corporación ata o 24 de xuño de 1933, cando foi incapacitado pola corporación.[2] Foi reposto pola Audiencia Provincial. Cesou no cargo en agosto de 1934.[3] Foi deputado provincial. Militante de Acción Republicana, foi elixido vocal do Consello provincial en agosto de 1933. Integrouse despois en Izquierda Republicana, e foi elixido membro do Consello provincial de Pontevedra pola Estrada en xaneiro de 1936.[4]
O 21 de febreiro de 1936 foi reposto como alcalde da Estrada xunto cos concelleiros cesados en 1934, e permaneceu no cargo ata o 5 de maio de 1936, cando se constituíu unha comisión xestora municipal presidida por Jesús Puente Fontanes. Finou na Estrada o 4 de xullo de 1957.[5]
Predecesor: José Mario de Silva Gómez |
Alcalde da Estrada 1931 - 1934 |
Sucesor: Arturo Otero Ulloa |
Predecesor: Severino Vila Caramés |
Alcalde da Estrada 1936 |
Sucesor: Jesús Puente Fontanes
|