Jesús Noya González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1865 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 25 de xullo de 1943 ![]() Viveiro, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor ![]() |
Membro de | |
![]() ![]() |
Jesús Noya González, nado en Santiago de Compostela en 1865 e finado en Viveiro o 25 de xullo de 1943,[1] foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi profesor no Colexio da Natividade de Viveiro. Dirixiu o periódico El Eco de Vivero dende 1893 e foi desterrado de Viveiro en 1908 por tres anos e medio, instalándose en Mondoñedo. Alcanzou o grao de subdiácono (1909) en Mondoñedo, onde foi profesor de Historia eclesiástica, Patroloxía e Arqueoloxía cristiá no Seminario. Volveu a Viveiro, foi director da Biblioteca municipal e cronista da cidade, e dirixiu La Defensa e Renovación e colaborou en Heraldo de Vivero, La Voz del Pueblo e El Correo Español. Deixou incompleta a serie El Eco. Paseo histórico-artístico pola ciudad de Vivero. Escribiu unha peza teatral en galego, Na boca do lobo (inédita), unha novena do Ecce-Homo e traballos sobre a beata Costanza de Castro.
Parte do seu legado documental podemos atopalo no Arquivo do Museo Provincial de Lugo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Progreso, 27-7-1943, p. 4
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Villar Ponte, Ramón (1944). "Don Jesús Noya González". Boletín da RAG (RAG) (277-280): 11–12. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2013. Consultado o 05 de marzo de 2014.