Jesús López Bermúdez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de abril de 1913 A Coruña, España |
Morte | 21 de setembro de 1993 (80 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | médico |
Jesús López Bermúdez, nado na Coruña o 23 de abril de 1913 e finado na mesma cidade o 21 de setembro de 1993, foi un médico galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse como médico en París. Exerceu como médico no exército republicano dende os primeiros días da guerra nas milicias que defenderon Madrid, e despois noutras frontes durante a guerra. Coa derrota da República exiliouse en Francia e estivo internado nos campos de concentración de Barcarés e Argèles-sur-Mer, onde exerceu como médico. Participou nas actividades de resistencia contra a ocupación nazi. Regresou a Galicia en 1954, e volveu exercer como médico na Coruña. Foi académico de número da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. Morreu nesa cidade o 21 de setembro de 1993.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 22-9-1993, p. 36, 70.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Simón Lorda, David (2010). "Os nomes do exilio (médico, republicano, galego)" (PDF). Cadernos de Atención Primaria 17: 264–270.