Jesús Castaño Galdo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jesús Castaño Galdo
Nacemento 14 de outubro de 1903
Lugar Mañón
Falecemento 16 de abril de 1937
Lugar Ferrol
Nacionalidade España
editar datos en Wikidata ]

Jesús Castaño Galdo, nado na Vila de Bares (Mañón) o 14 de outubro de 1903 e finado en Ferrol o 16 de abril de 1937, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante de Izquierda Republicana, co triunfo da Frente popular en febreiro de 1936, foi nomeado alcalde de Mañón. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Ferrol en consello de guerra o 15 de marzo de 1936[1]. Acusado de rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi executado no Castelo de San Felipe de Ferrol o 16 de abril de 1937.


Predecesor:
'
 Mañón.svg
Alcalde de Mañón
 
1936
Sucesor:
'

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 13-3-1937, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]