Manuel Ventosinos Pereira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1899 O Barqueiro, España |
Morte | 16 de abril de 1937 (37/38 anos) castelo de San Filipe, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | militar, político |
Manuel Ventosinos Pereira, nado no Barqueiro (Mañón) cara a 1899 e finado en Ferrol o 16 de abril de 1937, foi un carabineiro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carabineiro veciño do Barqueiro. En 1932 concedéronlle o premio de constancia de Carabineiro.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Ferrol por rebelión militar o 15 de marzo de 1937 con Luis Vidal Cao, Mario Fernández Salgueiro, Santiago Álvarez Fernández e Daniel Pena Debén, foi condenado á pena de morte.[2] Foi executado no castelo de San Filipe de Ferrol con Jesús Castaño Galdo, Jesús Verdeal Maseda, Germán Cervo Maseda, Jesús María Fernández Fernández e José Rivera Vieiro. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[3][4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Felicidad Fernández Maragoto e foi pai de Manuel, Covadonga, Celestino, Juana e Antonio Ventosinos Fernández.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 25-5-1932, p. 5.
- ↑ El Correo Gallego, 16-3-1937, p. 2.
- ↑ BOE, 21-12-1940, p. 5797-5804.
- ↑ BOE, 12-1-1944, p. 174-184.