Jesús Bienvenido Cuñarro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jesús Bienvenido Cuñarro
Falecemento2 de xuño de 1955
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Jesús Bienvenido Cuñarro, finado na Coruña o 2 de xuño de 1955,[1] foi un médico e practicante galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Criado na Inclusa de Santiago de Compostela. Traballou como forxador e ferrador nun rexemento militar. Obtivo o título de practicante sanitario. Trasladouse á Coruña onde foi nomeado practicante da Asociación da Prensa e foi elixido presidente do Colexio de Practicantes de Medicina e Cirurxía en xuño de 1927. Conseguiu a licenciatura en Medicina e Cirurxía en 1931, e foi nomeado médico honorario da Casa de Misericordia da Coruña pola Deputación Provincial. Foi elixido vogal do Comité executivo da Agrupación Socialista da Coruña na asemblea do 9 de setembro de 1932 e o 11 de xaneiro do ano seguinte pasou a ser vicepresidente. En 1933 tamén foi vicepresidente da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos. En xuño de 1934 foi nomeado médico da Asociación da Prensa. Nese ano publicou un estudo sobre un cancro de pulmón na revista Mundo Médico. Foi xefe de sala de Medicina xeral no Hospital Municipal ata a súa morte.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Gómez Rodríguez e foi pai de América Cuñarro Gómez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 3-6-1955, p. 7.