Jennifer Uchendu
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de agosto de 1992 ![]() Umuahia, Nixeria (pt) ![]() ![]() |
Educación | Covenant University (en) ![]() Universidade de Sussex ![]() |
Actividade | |
Ocupación | activista, president of a non-profit organisation (en) ![]() ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() |
Jennifer Uchendu é unha ecofeminista nixeriana e defensora do desenvolvemento sustentable. É a fundadora dunha plataforma en liña que fai que a sostibilidade sexa viable e interesante para mozos nixerianos a través dunha empresa social chamada SustyVibes.[1][2][3][4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Uchendu medrou en Lagos, onde asitiu á escola primaria e secundaria antes de matricularse na Universidade Covenant, onde completou unha licenciatura en bioquímica.[5]
En 2016, Uchendu fundou SustyVibes, unha empresa social que fai que a sostibilidade sexa viable e interesante para os mozos de Nixeria a través de proxectos, produtos e política. SustyVibes naceu da necesidade de crear unha plataforma onde os mozos nixerianos poidan contribuír cos Obxectivos de Desenvolvemento sustentable a través de ferramentas da cultura pop como a música, a fotografía, os filmes, o turismo etc.[6][7][8][9]
O nome de SustyVibes é unha combinación de "Sustainable" e "Vibes" que busca facer do desenvolvemento sustentable un compromiso interesante para os mozos a partir dunha plataforma en liña onde todos poden coñecer as novas sobre sostibilidade en Nixeria.[10][11]
Desde os comezoas, a organización xa formou a máis de 2000 alumnos de distintas escolas e ten unha rede de máis de 200 voluntarios en Nixeria.[12] SustyVibes organizou un obradoiro dun día sobre "Xuventude Liderando Sustentabilidade" durante o Día Internacional da Xuventude en Rivers State, en 2016.[13]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Mandela Washington Fellowship 2018[14]
- Vencedora do SME100 África de 2017, na categoría de sostibilidade e enerxía[15]
- Premio WIMBIZ de Investimento de Impacto 2017, 2º posición[16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "MY INTERVIEW WITH JENNIFER UCHENDU OF SUSTYVIBES – GLOBAL SUSTAINABILITY". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2021. Consultado o 30 de abril de 2021.
- ↑ "TEDxCovenantUniversity". Consultado o 28 de outubro de 2017.
- ↑ "BN Climate Change Conversation: Jennifer Reminds us that We Have a Crisis on Our Hands & We Need to Act NOW". Consultado o 18 de outubro de 2019.
- ↑ "22 diverse voices to follow on Twitter this Earth Day". Consultado o 19 de abril de 2019.
- ↑ "Meet 5 of Africa's Game-Changing Female Renewable Energy Leaders – Issue #1".[Ligazón morta]
- ↑ "SustyVibes to hold 1st ever environmental awareness photography exhibition in December". Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2020. Consultado o 11 de novembro de 2018.
- ↑ "Lagos litter pickers want to clean up Nigeria's streets". Consultado o 12 de outubro de 2018.
- ↑ "SustyVibes is cleaning Nigeria, one party at a time". Consultado o 14 de novembro de 2019.
- ↑ "UN Secretary-General's Envoy on Youth at the 63rd session of the Commission on the Status of Women".
- ↑ "My Stroll with Jennifer Uchendu, Founder, SustyVibes".
- ↑ "Working Towards a Sustainable Nigeria".
- ↑ "Young Entrepreneurs: Jennifer Uchendu". Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2020. Consultado o 14 de novembro de 2019.
- ↑ "How Can Young People Around the World Lead Sustainability?". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2020. Consultado o 30 de abril de 2021.
- ↑ "Jennifer Olachi Uchendu". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2020. Consultado o 30 de abril de 2021.
- ↑ "SME100 Rewards 25 Young Nigerian Entrepreneurs".
- ↑ "Wimbiz Spotlights Africa's Current Greatest Resource".