Xabier Larena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Javier Larena»)
Infotaula de personaXabier Larena
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1945 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Santurtzi, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , catedrático Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEuskadiko Ezkerra Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Xabier Larena Martínez, nado en Santurtzi o 30 de outubro de 1945, foi un político e loitador contra o franquismo vasco, un ex-membro de ETA.

Biografía[editar | editar a fonte]

Estudou economía e ingresou en ETA. O 6 de marzo de 1969, foi detido pola policía franquista e xulgado no Proceso de Burgos en 1970, baixo a acusación de ter participado na morte de Melitón Manzanas, e no que foi condenado a morte e 30 anos en prisión.[1] Por mor da presión internacional foi conmutada a cadea perpetua e foi enviado para cumprir a pena en Cáceres. Foille aplicada a Lei de Amnistía española de 1977, pero o 22 de maio de 1977, foi expulsado a Bélxica[2] cun estatuto de refuxiado político xunto con Jokin Gorostidi, Mario Onaindia, Teo Uriarte e Unai Dorronsoro.[3]

Cando regresou o día 23 de xullo de 1977[4] integrouse en Euskadiko Ezkerra, un partido co cal foi concelleiro na cidade de Santurtzi en 1981. Tamén traballou como profesor de éuscaro. No ano 2000 renegou publicamente do seu pasado en ETA xunto con Teo Uriarte, Mario Onaindia, José María Dorronsoro e Xabier Izko de la Iglesia.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 40 aniversario do Proceso de Burgos en El Mundo
  2. Xabier Larena na Enciclopedia Vasca Auñamendi
  3. Cinco prisioneros vascos cumplirán su extrañamiento en Bélxica Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine., 22 de maio de 1977
  4. Estos son los regresados, El País, 23 de xullo de 1977
  5. "La Voz de Galicia, 26 de decembro de 2000". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2013. Consultado o 25 de novembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]