Javier Lancho
Nome orixinal | Javier Rodríguez Lancho |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de abril de 2002 (22 anos) Madrid, España |
Altura | 1,85 m. |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Posición de xogo | Lateral esquerdo |
Javier Rodríguez Lancho, nado en Madrid o 8 de abril de 2002, é un futbolista español que xoga como lateral esquerdo na Ponferradina, da Primeira División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como futbolista na canteira do Real Madrid, na que ingresou aos 11 anos. Nos seus inicios xogaba nunha faceta ofensiva e foi subindo polas diferentes categorías do club superando o cento de goles, antes de ser reconvertido ao lateral esquerdo.[1][2] En febreiro de 2021 deixou o seu Madrid natal e fichou polo equipo xuvenil do Espanyol. Na seguinte tempada subiu xa ao Espanyol B, co que xogou durante dous anos na Segunda División RFEF.
Despois de dous anos e medio en Barcelona, no verán de 2023 instalouse no Bierzo, onde asinou como novo xogador da Ponferradina, da Primeira División RFEF.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Los 9 goleadores centenarios de La Fábrica" (en castelán). 13 de xuño de 2020. Consultado o 21 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Javi Lancho deja el Real Madrid y firma por el RCD Espanyol" (en castelán). 1 de febreiro de 2021. Consultado o 21 de xaneiro de 2024.
- ↑ "El lateral izquierdo Javier Lancho se une a la SD Ponferradina" (en castelán). 26 de agosto de 2023. Consultado o 21 de xaneiro de 2024.