Javier González Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de febreiro de 1989 (35 anos) Valladolid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | Treinador de Força e condicionamento (pt) |
Javier González Fernández, coñecido como Javi González, nado en Valladolid o 27 de febreiro de 1989, é un preparador físico español. Dende 2023 exerce dita función no Deportivo da Coruña.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, vencellouse dende os 21 anos ao deporte profesional.[1] Fixo prácticas en varios clubs de fútbol da Premier League inglesa, como o Manchester United, el Chelsea e o Newcastle, e preparouse tamén no Atlético de Madrid, Osasuna a Albacete.[1]
Na súa cidade natal traballou no CB Valladolid de balonmán e no Real Valladolid de fútbol, colaborando co primeiro equipo dirixido por Miroslav Đukić.[2] En 2016 converteuse no preparador físico do Lealtad e tras pasar polo Valladolid B marchou a Chipre, para exercer as mesmas funcións no AEK Larnaca, adestrado polo vasco Imanol Idiakez.[3] Posteriormente pasou pola selección taiwanesa, onde o sorprendeu a irrupción da pandemia de COVID-19,[4] polo Goa e o Mohun Bagan da India e polo Cancún mexicano, onde traballou co irmán de Imanol Idiakez, Iñigo.[5]
En 2023 ingresou no Deportivo da Coruña, como novo preparador físico, de novo xunto a Imanol Idiakez.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 ""Competimos al máximo"" (en castelán). 4 de febreiro de 2017. Consultado o 17 de setembro de 2023.
- ↑ "El Lealtad completa su cuerpo técnico con el preparadorfísico Javi González" (en castelán). 26 de agosto de 2016. Consultado o 17 de setembro de 2023.
- ↑ Fernández, Xurxo (13 de xullo de 2023). "El Deportivo pretende incorporar al preparador físico Javi González en el cuerpo técnico de Imanol Idiakez". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 17 de setembro de 2023.
- ↑ Manchón, Martín (15 de abril de 2020). "Taiwán se une a la resistencia: "Aquí me siento seguro"". As (en castelán). Consultado o 17 de setembro de 2023.
- ↑ "Un vallisoletano relata su salida de la India esta semana" (en castelán). 1 de maio de 2021. Consultado o 17 de setembro de 2023.
- ↑ "El Dépor de Idiakez arranca en Abegondo con cinco fichajes y seis canteranos a sus órdenes". La Opinión A Coruña (en castelán). 19 de xullo de 2023. Consultado o 17 de setembro de 2023.