Javier Escribano Rodríguez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xaneiro de 1981 (43 anos) A Coruña, España |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
Datos persoais | |
Educación | IE Business School |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Javier Escribano Rodríguez, nado na Coruña o 9 de xaneiro de 1981, foi deputado do PPdeG no parlamento de Galiza.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou parcialmente economía na Universidade da Coruña.[Cómpre referencia] Afiliouse ao Partido Popular de Galicia en 1999,[Cómpre referencia] onde foi progresando ara chegar a presidente de Novas Xeracións da provincia da Coruña, coordinador rexional destas para Galiza, presidente da Asociación Libre de Estudantes (ALE) da Universidade da Coruña e membro da Xunta Directiva Rexional do PPdeG.[Cómpre referencia]
En outubro de 2011 dimitiu como deputado autonómico logo de saberse que estaba a ser investigado pola xustiza no denominado caso Area,[1] por tráfico de influencias[2] e suborno.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dimite un diputado gallego del PP investigado por la justicia Arquivado 01 de novembro de 2011 en Wayback Machine., no diario Público o 29 de outubro de 2011. (en castelán)
- ↑ Una filtración reventó las escuchas al diputado del PP dimitido, en El País o 31 de outubro de 2011.
- ↑ O xuíz mantén a Escribano e Duarte como imputados tras prestar declaración, nova en La Opinión o 10 de decembro de 2011.