Javier Ayesa Dianda
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de maio de 1944 (80 anos) Pamplona, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Eusko Alkartasuna |
Javier Ayesa Dianda, nado en Pamplona o 11 de maio de 1944, é un político navarro, militante de Eusko Alkartasuna, membro da coalición Bildu, de ideoloxía soberanista e de esquerda.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É membro electo da asemblea nacional de Eusko Alkartasuna polo congreso celebrado en Vitoria do 20-21 de xuño de 2009.
Foi un dos concelleiros que máis estivo no concello, tanto nos anos 80 como nos 90 e até 2011.
Está casado e ten 3 fillos e é funcionario do Goberno de Navarra.
Nas eleccións de maio de 2007, integrouse en Nafarroa Bai e foi no número cinco das listas de NaBai.
Foi concelleiro de Eusko Alkartasuna durante os anos 1987-1995, 2003-2007, concelleiro de NaBai durante os anos 2007-2011 e candidato de Bildu para a presente lexislatura, que non puido ser elixido concelleira ó ir na cuarta posición da lista e ó obter Bildu tres. Estivo máis de 20 anos na corporación, o que o facía un dos máis veteranos.