Jaume Pérez Montaner
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1938 (85/86 anos) L'Alfàs del Pi, España |
7º Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Catalá | |
1999 – 2007 ← Antònia Vicens – Guillem-Jordi Graells (pt) → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Valencia |
Actividade | |
Ocupación | catedrático |
Empregador | Universidade de Valencia |
Familia | |
Cónxuxe | Isabel Robles Gómez |
Premios | |
Jaume Pérez Montaner, nado en L'Alfàs del Pi en 1938, é un escritor valenciano en lingua catalá.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou en Alcoi, nestes anos coñeceu a Joan Fuster, o que o marcou fondamente e o achegou ao coñecemento da literatura en lingua catalá. Fixo filosofía e letras na Universidade de Valencia e polas súas actividades antifranquistas estivo preso durante quince meses. Dende 1967 e durante anos viviu nos Estados Unidos exercendo como profesor en varias universidades. Profesor de literatura catalá na Universidade de Valencia. Dende 1999 até 2007 presidiu a Associació d'Escriptors en Llengua Catalana.[2]
Adveniment de l'odi, o seu primeiro poemario, que publicou en 1976, aínda que está escrito entre 1973 e 1975, ten como tema central a saudade pola terra e a esperanza de volver a ela. Entre os seus outros poemarios destacan Museu de cendres (1980), L'heura del desig (1985), Fronteres (1994), L'oblit (1996). Tamén é autor de diversos ensaios de crítica literaria.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Reseña de Jaume Pérez Montaner Arquivado 23 de decembro de 2004 en Wayback Machine. en www.escriptors.cat (en catalán)
- ↑ Jaume Pérez i Montaner Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine. en www.enciclopedia.cat (en catalán)