Janet Taylor
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de maio de 1804 Inglaterra, Reino Unido |
Morte | 25 de xaneiro de 1870 (65 anos) |
Actividade | |
Ocupación | astrónoma |
Janet Taylor, nada en 1804 e finada en 1870, foi unha matemática, astrónoma e fabricante de aparellos británica para a navegación, exerceu nun campo totalmente dominado polos homes e vedado ás mulleres naquela época.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jane Ann Ion asistiu en principio a unha escola onde o seu pai era o único profesor, e logo ganou un premio que lle permitiu asistir a clases en Londres. Nun tempo na que as Universidades estaban vedadas ás mulleres, completou a súa formación de xeito autodidacta. Para poder dedicarse ó seu traballo, casou en 1821 con George Taylor. Oito fillos non impediron a súa dedicación, que lle proporcionou independencia aínda que nominalmente fora o seu marido quen figurara.
Escribiu 14 textos sobre navegación e astronomía, como o “Tablas Luni-Solares e Horarias” e “Principios de navegación simplificada” en 1837, e fabricou o chamado “Cálculo marino”, no que combinaba un sextante e un preciso calculador analóxico para resolver problemas astronómicos de triangulación e obter a lonxitude xeográfica dun barco. Asemade, incorporou en 1856 un horizonte artificial ó sextante, obtendo diversas patentes. Entrou no negocio dos compases ó comezar a construírse barcos de ferro, que trastocaban as medidas, aumentando así o seu negocio de ensino e fabricación de instrumentos. Morreu de bronquite en 1870.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)