Jan van Wintelroy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jan van Wintelroy
Nacementoséculo XV
Falecemento1576
NacionalidadeBélxica
RelixiónIgrexa católica
Ocupacióncompositor
editar datos en Wikidata ]

Jan van Wintelroy (coñecido tamén como Joannes Wintelroy), activo no período entre 1520 e 1576, foi un compositor dos Países Baixos borgoñóns, da época do Renacemento, pertencente á escola francoflamenga.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Desde 1529, Jan van Wintelroy foi cantante, præcentor e sacerdote da Ilustre Confraría de Notre-Dame ("Illustre Lieve Vrouwe Broederschap"), en 's-hertogenbosch (Ppaíses Baixos). O 19 de xullo de 1551 foi nomeado mestre de capela, posto que ocupou ata o 30 de xuño de 1574. A partir desta data seguiu a ter a súa sede na capela da irmandade como præcentor.

Obra[editar | editar a fonte]

Al is den tijd nu doloreus ("Aínda que o tempo sexa sombrío"), unha canción en lingua neerlandesa (ou flamenga) a catro voces de Wintelroy, foi incluída nunha antoloxía que o editor Jacob Baethen publicou en Maastricht en 1554, titulada Dat ierste boeck vanden nieuwe Duijtsche liedekens ("O primeiro libro de novas cancións neerlandesas"), do que non se conserva copia completa ningunha (falta a parte da soprano). A canción foi inserida no Duijtsch musijck boeck, unha nova antoloxía de cancións en neerlandés, publicada por Petrus Phalesius en Lovaina, en 1572.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Al es den tijd nu doloreus. Fragmento da mesma canción na web da Ilustre Confraría de Notre-Dame, interpretada polo grupo de música antiga Egidius Kwartet. (En neerlandés)