Jafudà Cresques

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jafudà Cresques
Jafuda Cresques.JPG
Estatua de Jafudà Cresques na Plaça del Temple de Palma.
Nacemento1350
Lugar de nacementoXerez da Fronteira
Falecemento1410
Lugar de falecementoBarcelona
NacionalidadeCoroa de Aragón
Ocupacióncartógrafo e ilustrador
PaiCresques Abraham
editar datos en Wikidata ]

Jafudà Cresques, nado en Palma en c. 1350, e finado en Barcelona, en 1410 ou 1427, tamén coñecido como Jehudà Cresques, Jaume Ribes e Cresques lo Juheu ("Cresques o Xudeu"),[1], foi un cartógrafo xudeu de orixe mallorquina e, probablemente, o home que coordinou os descubrimentos marítimos da escola naval de Portugal a partir de Sagres, a comezos do século XV.[2][3]

Era o fillo doutro cartógrafo notable, Cresques Abraham, nado en Mallorca. Jafudà frecuentou a corte do rei Pedrp III, Xoán I e Martiño o Humano, onde fixo varios traballos de cartografía: xunto co seu pai, el foi, probablemente, o autor do Atlas catalán de 1375, considerado unha obra mestra de cartografía na Europa medieval. Tamén fixo un mapa do mundo para a sinatura comercial toscana Datini, e recibiu distincións e a protección dos reis de Aragón.

Nado no seo dunha familia xudía, converteuse ó cristianismo[1] como resultado dos saqueos do barrio xudeu de Palma en 1391 e, a continuación, adoptou o nome de Jaume Ribes (Jacobus Ribus, en latín). Como tal, parece que foi quen de ser nomeado coordinador portugués da cartografía da escola naval de Sagres na década de 1420; houbo un tal mestre Jacomé de Mallorca con este cargo. Moitos estudosos cren que era a mesma persoa, pero a cuestión é controvertida.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Cresques lo Juheu"
  2. "Jafudà Cresques". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  3. Patrimoni a les Illes Balears - Agència de Turisme de les Illes Balears (ATB), Conselleria de Turisme i Esports (ed.). "Cresques Abraham I Jafudà Cresques". Consultado o 2 de decembro de 2017.