Jacobo Odriozola
Aparencia
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 28 de marzo de 1973 (51 anos) Santander, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Jacobo Odriozola Losada, nado o 28 de marzo de 1973 en Santander, Cantabria, é un xogador profesional de baloncesto español que actualmente xoga para o Ventanas Arsan Estela da Liga EBA. Cunha altura de 1,95 metros xoga na posición de aleiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse deportivamente na canteira do Castroverde e a súa traxectoria no baloncesto profesional é dilatada, xogado en equipos na máxima categoría como o Fórum Valladolid, León Caja España, Caja San Fernando e Leite Río Breogán. Internacional júnior, Jacobo Odriozola foi subcampión de Copa e Liga co Caja San Fernando na tempada 1998-99.
O seu maior logro individual foi en 2001, cando gañou mentres xogaba no Bregoán o Concurso de Triplas da liga ACB.
Equipos
[editar | editar a fonte]- ACB. Fórum Valladolid (1990-1996)
- ACB. León Caja España (1996–1998)
- ACB. Caja San Fernando (1998-1999)
- ACB. Breogán Lugo (1999–2002)
- ACB. Fórum Valladolid (2002-2004)
- LEB. Los Barrios (2004)
- LEB. Alerta Cantabria (2004-2006)
- LEB 2. Ourense Baloncesto (2007)
- LEB. Alerta Cantabria (2007-2008)
- EBA. Ventanas Arsan Estela (dende 2008)
Logros
[editar | editar a fonte]- Décimo xogador que máis veces vestiu a camiseta do Club Baloncesto Valladolid.