Jacob Gaón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jacob Gaón
Nacementoséculo XVxuliano
Lugar de nacementoVitoria
Falecemento6 de maio de 1463
Lugar de falecementoTolosa
NacionalidadeReino de Castela
Relixiónxudaísmo
Ocupaciónrecadador de impostos
editar datos en Wikidata ]

Jacob Gaón, falecido en Tolosa en 1463, foi un recadador vitoriano de impostos.

Procedía dunha familia xudía da cidade de Vitoria. No século XV varios membros da familia dedicáronse a recadar impostos para os reis de Castela. En 1463, Jacob Gaón dirixiuse a Guipúscoa a cobrar o imposto chamado pedido e reclamouno aos habitantes da vila de Tolosa. Estes contestáronlle que estaban exentos de pagalo, polas disposicións aprobadas polo rei. Gaón ameazounos, e varios deles matárono, decapitaron e expuxeron a súa cabeza no alto dunha picota, como el puxera a Tolosa no alto da súa lista de recadacións. O rei Henrique IV dirixiuse a Tolosa a vingar a súa morte, pero os autores fuxiron da vila. O rei mandou derrubar a casa na que se cometeu o crime. Non chegou a executar aos autores, xa que antes de atrapalos chegoulle unha petición das xuntas de Guipúscoa que lle rogaba perdón para os tolosanos, e expúñalle os argumentos destes, recoñecendo Henrique IV que estaban exentos do pago.