Jack Gould

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJack Gould
Biografía
Nacemento5 de febreiro de 1914 Editar o valor em Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte24 de maio de 1993 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Berkeley, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Gould-5408

Jack Ludlow Gould, nado o 5 de febreiro de 1914 en Nova York e finado o 24 de maio de 1993 en Berkeley (California), foi un xornalista estadounidense especializado na crítica de teatro, radio e televisión estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1932 entrou a traballar no New York Herald Tribune como mozo de recados, aprendeu o oficio e especializouse na crítica teatral, en 1937 pasou ao New York Times seguindo coa crítica teatral ata comezos da década de 1940 cando pasou a realizar crítica de radio, en 1944 converteuse no editor da sección de radio do xornal, a partir de 1947 pasou a centrarse na crítica televisiva, converténdose nun dos máis influentes do país[1]. En 1958 publicou All about radio and television dedicado á divulgación do mundo da radio e da televisión entre os máis novos. Gould criticou a difusión que as televisións fixeron do fenómeno de Elvis Presley, unha visión compartida por boa parte dos adultos de clase media branca na década de 1950[2]

Notas[editar | editar a fonte]