J.R. Duran
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xullo de 1952 (71 anos) Mataró, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo |
Lingua | Lingua catalá e lingua castelá |
Páxina web | jrduran.com.br |
Josep Ruaix Duran, nado en Mataró[1] o 22 de xullo de 1952, é un fotógrafo brasileiro de orixe catalá. Actualmente reside en São Paulo.
Historia[editar | editar a fonte]
No Brasil desde 1970 e con estudo montado en São Paulo, a partir de 1979, comezou a fotografar para revistas de moda como Vogue e Elle Brasil, e fixo nada menos que 115 capas da edición brasileira da revista Playboy[2]. Ao mesmo tempo comezou a traballar para axencias de publicidade como DPZ, McCann, Thompson e Talent, para grandes clientes como Johnson & Johnson, General Motors, Volkswagen, Souza Cruz, British American Tobacco e outros.
En 1989 mudouse para os Estados Unidos, onde traballou para Harper's Bazaar USA, Elle (edicións francesa, inglesa, italiana e española), Mademoiselle, Glamour, Tatler, Vogue (alemá), así como para axencias de publicidade como Grey Advertising, Saatchi & Saatchi, DDB e outras.
No Brasil, realizou campañas para Intelig, cigarro Charm, cervexa Kaiser, Embratel, Telesp, Banco do Brasil, cigarro Free, Antarctica, Martini, Motorola, Lojas Riachuelo, Credicard, Hering, Banco Real, Banco do Brasil, Banco Itaú, Telefonica, Sadia e McCafé.
No 1995 volveu vivir no Brasil.
Exposicións[editar | editar a fonte]
- En 1984 realizou súa primeira exposición, Beixos Roubados, na Galeria Paulo Figueiredo, en São Paulo.
- En 1994 realizou súa segunda exposición, Pasaxeiro Distante, na Galeria São Paulo.
- En 2003 inaugurou a exposición de fotografías JRDURAN, no Museo de Arte Brasileira da FAAP[3].
Premios[editar | editar a fonte]
Gañou sete premios Abril de Xornalismo. Foi capa da edición nacional da revista Veja en xaneiro de 1988, co título O Mago das Lentes.
Respecto ao seu traballo, publicáronse ensaios nas revistas Forum (alemá), Zoom (edicións francesa, italiana e xaponesa), Man (española) e Photo (francesa).
Libros[editar | editar a fonte]
- As melhores fotos (1988)
- 18 Fotos (1991)
- Lisboa (2000, novela)
- Cadernos Etíopes (2008)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ J. R. Duran[Ligazón morta]-(en portugués)
- ↑ «O importante é terminar o dia com seis fotos impecáveis Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine.» (entrevista)-(en portugués)
- ↑ Destaques FAAP Arquivado 12 de febreiro de 2006 en Wayback Machine.-(en portugués)