O ascenso ó poder do xove e sanguinario Lord Naritsugu supón unha seria ameaza para a paz no Xapón feudal. Simplemente por ser o irmán do shogun, Lord Naritsugu está por riba da lei, e asasina e viola ó seu antollo. Aflixido polos masacres perpetrados polo sádico Naritsugu, o oficial Sir Doi ponse en contacto co samurai Shinzaemon Shimada para que o axude a acabar con Naritsugu. O nobre samurai, indignado pola crueldade de Naritsugu, acepta de bo grado a perigosa misión. Para iso, reúne a un selecto grupo de samurais, entre os que se atopa o seu sobriño Shinrokuro e o devoto aprendiz Hirayama. Xuntos, traman unha emboscada para atrapar a Lord Naritsugu non exenta de perigo. Naritsugu vai escoltado por unha comitiva encabezada polo letal e implacable Hanbei, un dos seus antigos rivais.