Saltar ao contido

Istifan Bilu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIstifan Bilu
Biografía
Nacemento5 de setembro de 1910 Editar o valor en Wikidata
Alqux Editar o valor en Wikidata
Morte26 de novembro de 1989 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Bispo diocesano
23 de outubro de 1959 – 26 de novembro de 1989 (morte)
 Paulo II XaikhuAntuan Audu 
Superior xeral
1948 – 1958 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónPontificio Instituto Oriental Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1960–), sacerdote católico (1934–) Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde Antoniana de Santo Hormisdas dos Caldeos Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónPaulo II Xaikhu Editar o valor en Wikidata

Istifan Bilu[1] (en árabe: إسطيفان بلّو), nado en Alqux (Iraq) o 5 de setembro de 1910 e finado en Roma o 26 de novembro de 1989, foi un eclesiástico católico caldeo, bispo de Alepo dende 1959 até o seu pasamento.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Alqux, unha vila de maioría cristiá e asiria do norte de Iraq (entón baixo soberanía otomá, na provincia de Mosul), o 5 de setembro de 1910.[2] Entrou na Orde Antoniana de Santo Hormisdas dos Caldeos, e o 14 de outubro de 1934 foi ordenado sacerdote.[2] Posteriormente doutorouse polo Pontificio Instituto Oriental coa tese «La Congrégation de S. Hormisdas et l'Église chaldéenne dans la première moitié du XIXe siècle», publicada en Roma en 1939;[3] durante este período realizou unha estancia no priorado de Amay entre setembro e outubro de 1937.[4]

En 1948 foi elixido superior da súa orde, cargo que ostentou até 1958.[3] O 23 de outubro de 1959 foi elixido bispo de Alepo.[2] Recibiu a consagración episcopal de mans do patriarca de Babilonia Paulo II o 10 de xaneiro de 1960.[2] Como bispo, participou nas sesións I-IV do Concilio Vaticano II. Durante o seu pontificado, se construíu a catedral de San Xosé de Alepo, así como moitas outras iniciativas na eparquía.

Logo da institución da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental (Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo) por Paulo VI, o 19 de xullo de 1975 foi nomeado membro consultor da mesma.[5]

Finou en Roma o 26 de novembro de 1989, e o seu corpo foi enterrado nun mosteiro preto de Alqux.

  • La Congrégation de S. Hormisdas et l'Église chaldéenne dans la première moitié du XIXe siècle. Roma: Pontificio Instituto Oriental. 1939. 
  1. Tamén coñecido pola romanización francesa do seu nome, Stéphane Bello.
  2. 1 2 3 4 Annuario pontificio per l'anno 1987. 1987. p. 26.
  3. 1 2 Yohanna, Samer Soreshow (2015). The Gospel of Mark in the Syriac Harklean Version: An edition based upon the earliest witnesses. Gregorian Biblical BookShop. p. 109. ISBN 9788876536748.
  4. Edelby, Nagi; Masri, Pierre, eds. (2005). Mélanges en mémoire de Mgr Néophytos Edelby (1920-1995). CEDRAC. p. 479. ISBN 9789953455303.
  5. Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo, ed. (1975). "Istituzione e composizione della Commissione" (PDF). Nuntia (Libreria Editrice Vaticana) (1): 12. OCLC 9237479.
Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Bulus Xaikhu
 Bispo de Alepo 
1959 - 1989
Sucesor:
Antuan Audu