Saltar ao contido

Israel Suero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIsrael Suero
Biografía
Nacemento12 de abril de 1994 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata

Israel Suero Fernández, nado en Madrid o 12 de abril de 1994, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Castellón da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista nas canteiras do Real Madrid e do Rayo Majadahonda, pasando ao primeiro equipo deste último club no verán de 2013. Despois dunha tempada na Terceira División, pasou en 2014 ao filial do Rayo Vallecano na Segunda División B. En marzo de 2017 trasladouse a Alemaña, onde fichou polo CSC 03 Kassel da sexta categoría e posteriormente pasou polas filas do SV Elversberg.[1][2]

En xaneiro de 2023 volveu a España e incorporouse ao Castellón, da Primeira División RFEF.[3] Co equipo dirixido polo neerlandés Dick Schreuder, proclamouse campión do Grupo II da Primeira División RFEF, logrando así o ascenso á Segunda División.

Palmarés[editar | editar a fonte]

SV Elversberg
Castellón

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Elversberg verpflichtet Suero" (en alemán). 28 de xuño de 2018. Consultado o 4 de xuño de 2024. 
  2. "Elversberg bindet Torjäger Suero Fernandez" (en alemán). 2 de xuño de 2021. Consultado o 4 de xuño de 2024. 
  3. "Suero Fernandez geht, Bobzien schließt die Lücke bei der SVE" (en alemán). 31 de xaneiro de 2023. Consultado o 4 de xuño de 2024.