Isidoro Sánchez Salgués

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Isidoro Sánchez Salgués
Nacemento11 de abril de 1828
 Santiago de Compostela
Falecemento18 de agosto de 1890
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
OcupaciónCátedra universitaria
PremiosOrdem de São João
editar datos en Wikidata ]

Isidoro Sánchez Salgués, nado en Santiago de Compostela o 11 de abril de 1828 e finado na mesma cidade o 18 de agosto de 1890, foi un médico e profesor galego, catedrático de Historia Natural e Cabaleiro da Orde de San Xoán de Xerusalén.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutorouse en Medicina e Cirurxía o 20 de xaneiro de 1854 logo de ler no acto de investidura o discurso De la abnegación en el Médico. Exerceu a docencia e investigación na Universidade de Santiago de Compostela e nos Institutos de Bacharelato de Ourense, Salamanca e da súa cidade natal.

No período en que foi catedrático atenddeu as tres seccións do Gabinete de Historia Natural, especialmente Zooloxía e Mineraloxía, preocupandose de recoller e mercar fondos para fornecer a colección da Universidade. Incluíu unha sección de entomoloxía e abriu un apartado de anatomía comparada con esqueletos de animais vertebrados.

En 1882 ampliouse o gabinete, construíndose novas vitrinas e aumentando os andeis para a mostra de pezas pequenas como minerais ou moluscos. Amais, nesa época iniciouse a sección de botánica, cunha colección de madeiras galegas. Conseguiu para a Biblioteca do centro obras de Bowles e relacionadas coa Expedición do Pacífico.

Estivo casado con María de la Concepción Álvarez Astray, con quen tivo catro fillos: Isidoro, Benito, Leopoldo e Carmen.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Dictamen referente a la conveniencia de propagar el cultivo del Avellano común en Galicia (Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, 1881)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bugallo Rodríguez, A.: O ensino da Historia Natural no Instituto de Santiago (1850-1903). Profesorado e recursos, dependencias e influencias. Universidade de Santiago.
  • Instituto Xelmirez. Pasado e Presente. Deputacion da Coruña. 1997.
  • Isidoro Sabell Salgués. UNED. Pontevedra. 2013