Isabel Martínez-Barbeito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Isabel Martínez-Barbeito
Nacemento1918
 A Coruña
Falecemento15 de xuño de 2007
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónbibliotecaria e escritora
NaiMaría Barbeito
IrmánsCarlos Martínez-Barbeito
editar datos en Wikidata ]

Isabel Martínez-Barbeito Morás, nada na Coruña en 1918 e finada na mesma cidade o 15 de xuño de 2007 [1], foi bibliotecaria e arquiveira do Concello da Coruña e escritora ensaísta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Isabel Martínez-Barbeito era filla da pedagoga María Barbeito e irmá de Carlos Martínez-Barbeito, que foi presidente de Belas Artes, e Juan María, da Cámara de Comercio. Licenciada en Filosofía e Letras (Historia) pola Universidade de Santiago de Compostela, foi membro de número do Instituto José Cornide de Estudos Locais. Escribiu os libros Catálogo del Museo de Bellas Artes, Privilegios Reales y viejos documentos de La Coruña e Notas de un archivo, recompilación dos artigos que publicou durante diversos anos en La Voz de Galicia.

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Notas de un archivo, 2002.
  • Asuntos de Guerra, 1962.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Falleció a los 89 años Isabel Martínez-Barbeito, ex archivera municipal". La Voz de Galicia. 16 de xuño de 2007. Consultado o 14/02/2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]