Irnatius Akawi
Este artigo ou categoría carece de ligazóns interlingüísticas. Engádellas premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua e mais o nome correspondente a este artigo ou categoría nesa lingua. Logo diso retira o modelo {{Seniw}} da páxina.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
إغناطيوس عكاوي (Irnatius Akawi) | |
---|---|
![]() | |
Arcebispo da Igrexa católica greco-melquita | |
Biografía | |
Nacemento | 1820 en Dair al-Qamar |
Pasamento | 7 de agosto de 1870 |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 1844, por Kirilus Fasfus |
Consagración episcopal | 22 de novembro de 1859, por Clemente I Bahuz |
Arcebispo de Busra e Hauran | |
1859 - 1870 | |
Predecesor | Kirilus Fasfus |
Sucesor | Basilius Haxar |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Irnatius Akawi[1] (en árabe: إغناطيوس عكاوي), nado en 1820 en Dair al-Qamar e finado o 7 de agosto de 1870, foi un eclesiástico melquita, arcebispo de Busra e Hauran, e padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Dair al-Qamar en 1820,[2] aínda que algunhas fontes notan como lugar de nacemento Acre, probablemente por mor da súa labor pastoral.[3] Realizou os seus estudos no mosteiro do Santo Salvador de Xun, e en 1837 entrou na Orde Basiliana do Santísimo Salvador.[2] En 1844 foi ordenado sacerdote por Kirilus Fasfus, e posteriormente foi párroco en Sahla e en Acre.[2]
O 21 de novembro de 1859 foi nomeado arcebispo de Busra e Hauran, cun territorio que abranguía partes das actuais Siria e Xordania.[2] Recibiu a consagración episcopal de mans do patriarca Clemente I Bahuz o 22 de novembro.[2] Xunto ao bispo de Acre Yusif axudou a unir á súa orde, internamente dividida.[2] O 17 de xuño de 1867 foi nomeado prelado asistente ao trono pontificio.[4]
En 1868 foi galardoado coa Orde de Mecidiye polo sultán Abdülaziz.[2] Foi padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.[5] Finou no cargo o 7 de agosto de 1870.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Tamén citado como Accani, Akkawi, Hakkani.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Patelos, Constantin G. (1981). Vatican I et les évêques uniates: une étape éclairante de la politique romaine à l'égard des orientaux, 1867-1870. Collège Erasme. p. 341.
L'archevêque de Bosra et Hawran, Mgr Ignace Akkawi
- ↑ Annuario pontificio per l'anno 1863 (en italiano). 1863. p. 165.
Hauran, r. Greco-Melchita. Hauranan. Melchitarum. Siria. Ignazio Accani, n. in Acri nel 1820, p. nel 1860.
- ↑ Les Pères du concile du Vatican: biographie illustrée complète de tous les pères du concile. Administration du Concile Illustré. 1870. p. 24.
Mgr. Ignace AKANNI, né à Saint-Jean-d'Acre en 1820, élu en 1860, évêque d'Hauran, du rite grec-melchite, nommé prélat assistant au trône pontifical le 17 juin 1867.
- ↑ Catalogo alfabetico di tutti i padri del Concilio Io Ecumenico Vaticano. Osservatore Romano. 1870. p. 3.
Akkani Ignazio dei Basiliani, Arcivescovo di Hauran (Rito Melchita).