Irmandade das Sete Palabras de Viveiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Artigo principal: Semana Santa de Viveiro.

A Irmandade das Sete Palabras é unha das oito confrarías que existen na Semana Santa de Viveiro.

Procesións[editar | editar a fonte]

Durante a Semana Santa, a Irmandade das Sete Palabras encárgase de realizar as seguintes procesións e actos:

Estandarte[editar | editar a fonte]

O estandarte da Irmandade das Sete Palabras foi confeccionado polas monxas Concepcionistas de Viveiro e data do ano 1951. O seu tecido é de veludo azul escuro, con grandes bordados en fío dourado. Uns sinxelos motivos ornamentais trazan os dous ángulos superiores a modo de cartela e prolónganse por ambos os lados en dirección á punta. A decoración, con motivos vexetais, debuxa unha gran cruz, en cuxo centro se colocan os elementos da Paixón de Cristo: a cruz latina, rodeada da coroa de espiñas e atravesadas por dúas lanzas en cruz. Todo o conxunto está decorado cunhas liñas, que simulan escintileos. No reverso do estandarte, aparece bordada igualmente en fío dourado a inscrición «Irmandade das Sete Palabras» así como a data de confección en números romanos.