Iolanda de Anjou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Iolanda de Anjou
Ambito francese - Iolanda d'Angiò, duchessa di Lorena e di Bar, contessa di Vaudémont.jpg
Nacemento2 de novembro de 1428
 Nancy
Falecemento23 de marzo de 1483
 Nancy
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónfeudataria
PaiRenato I de Nápoles
NaiIsabel, Duquesa da Lorena
CónxuxeFrederick II of Lorraine, Count of Vaudémont
FillosRenato II de Lorena, Nicholas of Lorraine, Lord of Joinville, Pierre of Vaudemont, Jeanne of Lorraine, Margaret of Lorraine e Yolande of Lorraine
IrmánsJoão II, Duque de Lorena, Luís de Anjou, Marquês de Pont-à-Mousson, Nicolas of Anjou, Charles of Anjou, René of Anjou, Margarida de Anjou, Isabel of Anjou e Ann of Anjou
editar datos en Wikidata ]

Iolanda ou Violante de Anjou, nada en Nancy o 2 de novembro de 1428 e finada tamén en Nancy o 23 de marzo de 1483, foi duquesa de Lorena (1473) e de Bar (1480), filla de Renato I, rei de Nápoles, duque de Anjou, de Bar e Lorena, conde de Provenza, e Isabel, duquesa de Lorena.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Casou en 1445 en Nancy co seu primo Federico II de Lorena (1420 - 1470), conde de Vaudémont. Este matrimonio puxo fin ao litixio que había entre os pais dos dous cónxuxes, con respecto á sucesión do ducado de Lorena. Tiveron a:

En 1473, á morte do seu sobriño Nicolau de Lorena, herdou o ducado de Lorena e pasoullo inmediatamente ao seu fillo, Renato II. Fixo o mesmo en 1480, á morte do seu pai, co ducado de Bar.