Ioan Niculae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ioan Niculae
Ioan Niculae.jpg
Nacemento19 de xullo de 1954
 Romanía
NacionalidadeRomanía
Alma máterȘtefan Gheorghiu Academy
Ocupaciónadministrador
editar datos en Wikidata ]

Ioan Niculae, nado en Buturugeni o 19 de xullo de 1954, é un home de negocios e emprendedor romanés. Segundo a revista Forbes[1] é unha das persoas máis ricas da Romanía, cunha fortuna estimada de 1.100 millóns de dólares estadounidenses en setembro de 2014.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É propietario do grupo InterAgro, conglomerado agrícola e fertilizantes líder de Romanía, cuns ingresos superiores a 630 000 000 de euros no ano 2012.[2] A través da súa empresa, Niculae xestiona aproximadamente 50.000 hectáreas de campos agrícolas e é o maior cultivador de cereais romanés. Tamén é o propietario de 170 hectáreas de viñedos, collendo a súa primeira colleita en 2008. Desde 2004, o importe total dos seus investimentos agrícolas feitos pola súa empresa superaron os 100 millóns de euros. Niculae foi acusado de ser un informante da Securitate, a axencia de policía secreta da Romanía comunista.[3]

Na lista dos multimillonario de Forbes do ano 2013, afirmouse que ten unha fortuna estimada de 1.200 millóns de dólares, mantendo a posición 1.372 mundial. É o terceiro romanés destacado na lista da revista, despois de Dinu Patriciu e Ion Tiriac. Dende o ano 1996 Niculae é propietario do equipo de fútbol Astra Giurgiu.

Entrou no mundo dos negocios a partir de 1990 coa creación, xunto a un compañeiro turco, dunha empresa de comercio de produtos químicos chamada Interaction.

En 1995, fundou a InterAgro, unha joint venture romanés-chinesa. En 1997, Niculae tornouse como accionista maioritaria da refinaría Astra Ploiesti, tra-lo investimento de 16 millóns de dólares. En 1998, comprou a compañía de seguros romanesa Asirom, despois de investir 21 millóns de dólares. Despois vendeu esas accións en 2007, reportándolle un beneficio de 65 millóns de dólares.[4] En 2012, a Administración Tributaria Nacional de Romanía acusou Niculae de fraude ó orzamento nacional debido ás acusacións de que a súa empresa de tabaco, Galaxy Tobacco, non pagara os seus respetivos impostos, por un valor que excedían aos 120 millóns de dólares. Niculae loitou contra os cargos na corte e gañou.[5]

Afrontou tamén un escándalo público o outono de 2013 despois de que axentes estatais descubrisen que dous políticos romeneses lle deron a Interago unha serie de descontos favorables en transferencias de gas entre o ano 2006 derivados das súas prácticas nun dos seus negocios no sector de petróleo e gas. El nega tódalas acusacións.[6]

Ese memo ano, 2013, Niculae fundou o Consello Romanés de Investidores.[7]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

No ano 2013, Niculae divorciouse da súa muller, Domnita Niculae, dando fin a 31 anos de matrimonio.[8] É pai de tres fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ioan Niculae, perfil en Forbes, 7 de setembro de 2014 (en inglés).
  2. "Top 5 fermieri. Ioan Niculae ocupa 2 locuri chiar si cu lacatele pe usa", artigo en Ziare, 23 de setembro de 2013 (en romanés).
  3. "Ioan Niculae, portret de miliardar 'într-o ţară tâmpită'", artigo en Evenimentul Zilei, 16 de abril de 2011 (en romanés).
  4. "Cum a ajuns Ioan Niculae miliardar", artigo en Business Magazine, 21 de decembro de 2010 (en romanés).
  5. "Businesspeople disputing the alleged debts they owe the Tax Administration", Bursa, 2 de agosto de 2013 (en inglés).
  6. "Romanian ministers accused of undermining national economy", artigo en Business Review, 2 de setembro de 2013.
  7. "Romanian Ioan Niculae, 1,372nd richest man in the world, according to latest Forbes list" Arquivado 01 de setembro de 2014 en Wayback Machine., artigo en Romania Insider, 4 de marzo de 2014 (en inglés).
  8. "Miliardarul Ioan Niculae divorteaza. Cat cere sotia la partaj", artigo en Ziare, 19 de setembro de 2013 (en romanés).