Inxección de combustíbel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Distribuidor de combustíbel conectado aos inxectores montado sobre o colector de admisión nun motor de catro cilindros.

A inxección de combustíbel é un sistema de alimentación de motores de combustión interna que usan practicamente tódolos automóbiles europeos dende a década de 1990, por mor da obrigación de reducir as emisións contaminantes e para que sexa posíbel e duradeiro o uso do catalizador a través dun axuste óptimo do factor lambda. Tódolos motores diésel son de inxección. Os motores de gasolina poden ter inxección de gasolina directa, na que o combustíbel se introduce directamente na cámara de combustión ou inxección indirecta, na que o combustíbel mestúrase co ar antes da carreira de admisión.

Nos motores de gasolina, a inxección substituíu o carburador de 1980 en adiante.[1] A diferenza principal entre a carburación e a inxección é a pulverización do combustíbel a través dun pequeno conduto a alta presión, namentres que o carburador funciona pola succión creada pola entrada de ar acelerado a través do efecto Venturi.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Welshans, Terry (Agosto de 2013). "A Brief History of Aircraft Carburetors and Fuel Systems". enginehistory.org (en inglés). US: Aircraft Engine Historical Society. Consultado o 28 de xuño de 2016.