Inversión (música)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Exemplo de inversión de Das wohltemperierte Klavier de Bach.

En música, a palabra inversión describe certos tipos de cambios de intervalos, acordes, voces (en contrapunto) e melodías. En cada un destes casos, "inversión" ten un significado distinto pero relacionado. O concepto de inversión tamén xoga un papel importante na teoría de conxuntos musicais.

Inversión de intervalos[editar | editar a fonte]

A inversión de intervalos é a acción de modificar un intervalo musical xa construído. Realízase deixando unha nota constante ou tida, e subindo ou baixando unha oitava a outra nota. Deste xeito, o unísono pasa a ser oitava. Isto dá como resultado o cambio dun intervalo por outro. Tamén se debe ter en conta que unha terceira maior pode converterse nunha sexta menor se este se invirte, do mesmo xeito que se unha terceira menor, a súa inversión é unha sexta maior, o mesmo coas segundas e sétimas. Exemplo para mellor comprensión: unha sexta menor é mi e do e se a tocamos en do e mi queda como la maior.

Inversión en contrapunto[editar | editar a fonte]

Dúas melodías combinadas entre si en contrapunto poden ser mutuamente invertidas colocando a superior (a máis aguda) como inferior e viceversa. Un contrapunto que conserva o seu sentido musical logo da inversión chámase contrapunto trocado, trocable ou invertible e constitúe a materia prima de, por exemplo, a fuga.

Inversión de melodías[editar | editar a fonte]

Unha melodía illada pode ser modificada en todos os seus sucesivos intervalos, invertindo o ascendente por un igual descendente, e viceversa. Desta maneira, un intervalo ascendente de terceira menor (por exemplo re-fa) ao ser invertido é substituído por un intervalo ascendente tamén de terceira menor (neste caso si-re) ou por un intervalo descendente de sexta maior, que reproduce as mesmas notas pero cara ao agudo. Unha melodía invertida desa maneira denomínase "inversión" da orixinal, e no sistema dodecafónico abréviase cun I.

Inversión de acordes[editar | editar a fonte]

En harmonía dise que un acorde (é dicir, un grupo de tres ou máis notas distintas) é unha inversión doutro acorde en "posición fundamental" (ou sexa, que ten o baixo na nota fundamental do acorde), se as notas do acorde seguen sendo as mesmas pero noutra posición, e a nota do baixo non é a nota fundamental do acorde.

Por iso fálase de "primeira inversión" (cando o baixo se atopa no terceiro grao), "segunda inversión" (co baixo na quinta) e —no caso dos acordes con sétima— "terceira inversión" (co baixo na sétima).