Saltar ao contido

Invención (música)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Primeiros compases da 4ª invención en Re menor, de J. S. Bach (BWV 775)

En música, unha invención é unha composición musical de curta extensión (normalmente para teclado) cunha estrutura contrapuntística a dúas voces (composicións no mesmo estilo dunha invención son as sinfonías contrapuntísticas barrocas, pero utilizando unha estrutura a tres voces. Algúns editores modernos chámanas "Invencións a tres voces" para evitar confusión co termo "sinfonía"). Ben coñecidas son as quince invencións que compoñen a primeira parte das Invencións e Sinfonías, de Johann Sebastian Bach.

As invencións usualmente non se executan en público, senón que serven como exercicio para estudantes de piano e como exercicios pedagóxicos para estudantes de composición. Este tipo de obras teñen forma imitativa: o que fai unha voz é repetida despois pola outra, e é invertible, é dicir, que as notas dunha primeira voz son harmonicamente correctas respecto da outra voz tanto se se sitúa por abaixo como por enriba desa voz primeira. Estas composicións adoitan ter dúas partes diferenciadas (bipartitas), e isto é importante xa que sendo repeticións de temas que se van desenvolvendo nunha harmonía similar, poderían parecerse a un Canon.

As invencións son similares en estilo ás fugas, aínda que son moito máis simples. Consisten nunha exposición curta, un desenvolvemento máis longo e, ás veces, unha recapitulación curta. A diferenza clave é que as invencións xeralmente non conteñen unha resposta ao suxeito na escala dominante, como si a posúen as fugas.

Exposición

[editar | editar a fonte]

Na exposición, un motivo curto é introducido nunha voz na escala tónica. Tamén é coñecido como tema. O suxeito entón é repetido na segunda voz na tónica mentres que a voz inicial toca un contrasuxeito ou en contrapunto libre.

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

O desenvolvemento contén a maior cantidade de elementos da peza. O compositor aquí desenvolve o suxeito escribindo variacións melódicas ou harmónicas. Polo xeral, isto implica a alternancia de episodios con declaracións do tema, similar ao desenvolvemento dunha fuga. Nas invencións de modo menor e maior, o tema normalmente reformúlase no maior relativo e o dominante, respectivamente. As novas áreas tonais alcánzanse a través de episodios, que xeralmente se moven secuencialmente a través do círculo de quintas. O último episodio termina cunha semi cadencia no ton orixinal, e a miúdo esaxérase para facer que o suxeito soe moi especial cando regrese. Moitas das invencións de Bach seguen esta forma, incluídas BWV 775 e BWV 782.

Recapitulación

[editar | editar a fonte]

Se unha invención ten algunha recapitulación, tende a ser extremadamente curta, ás veces de só dous ou catro compases. O compositor repite o tema na voz superior e a peza remata. A repetición do tema contén moi pouca variación (ou ningunha variación) sobre o tema orixinal. A liña inferior xeralmente reproduce o contrasuxeito, e se non hai ningún contrasuxeito, toca en contrapunto libre.

A invención é primariamente obra de Johann Sebastian Bach. Esta forma orixinouse a partir das improvisacións contrapuntísticas en Italia, especialmente a partir da forma do compositor Francesco Antonio Bonporti. Bach adaptou e modificou este tipo de pezas para convertelas no que se considera formalmente unha invención. Bach escribiu quince invencións (BWV 772-786) como exercicios para o seu fillo Wilhelm Friedemann Bach. Máis tarde, Bach compuxo unha serie de quince invencións a tres voces, chamadas sinfonías (BWV 787-801).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]