Integrón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un integrón é un conxunto de elementos xenéticos (xenes, sitios de integración, promotores) presente en xenomas bacterianos, especialmente de gramnegativas, que serven como mecanismos xenéticos para a adquisición, acumulación e expresión diferencial de novos xenes, que lle permiten ás bacterias adaptarse e evolucionar rapidamente, e están implicados, por exemplo, na adquisición de resistencia a antibióticos.[1] Estes xenes adquiridos están incrustados nunha estrutura xenética específica chamada casete de xenes (un termo que ultimamente está cambiando a casete de integrón) que xeralmente leva un ORF sen promotor cun sitio de recombinación (attC). Os casetes de integrón son incorporados no sitio attI da plataforma integrón por reaccións de recombinación específica de sitio mediadas por unha integrase.

Descubrimento[editar | editar a fonte]

Os integróns foron descubertos inicialmente en plásmidos conxugativos polo seu papel na resistencia a antibióticos.[2] Estes integróns móbiles, como se chaman agora, poden portar unha variedade de casetes que conteñen xenes que están case exclusivamente relacionados coa resistencia a antibióticos. Posteriores estudos chegaron á conclusión de que os integróns son elementos cromosómicos, e que a súa mobilización a plásmidos foi promovida por transposóns e seleccionada polo uso intensivo de antibióticos. A función da maioría dos casetes atopados en integróns cromosómicos non se coñece.

Estrutura[editar | editar a fonte]

Un integrón está minimamente composto por:[3][4]

  • Un xene que codifica unha recombinase específica de sitio: intI, pertencente á familia das integrases.
  • Un sitio de recombinación proximal: attI, que é recoñecido pola integrase[5] e no cal pode inserirse un casete de xene.
  • Un promotor: Pc, que dirixe a transcrición de xenes codificados en casetes.

Casete de xenes[editar | editar a fonte]

Adicionalmente, un integrón xeralmente contén un ou máis casetes de xenes que foron incorporadas nelas. Os casetes de xenes poden codificar xenes para a resistencia a antibióticos, aínda que a maioría dos xenes dos integróns non foron caracterizados. A secuencia attC (tamén chamada 59-be) é unha repetición que flanquea os casetes e permite que os casetes sexan integrados no sitio attI, escindidos e poidan experimentar transferencia horizontal de xenes.

Localización[editar | editar a fonte]

Os integróns poden encontrarse formando parte de elementos xenéticos móbiles como plásmidos e transposóns. Os integróns poden atoparse tamén no cromosoma bacteriano.

Terminoloxía[editar | editar a fonte]

O termo superintegrón foi utilizado por primeira vez en 1998 (pero sen definilo) para referirse a un integrón cun longo casete no pequeno cromosoma de Vibrio cholerae.[6][7] Desde entón, o termo foi utilizado para referirse a integróns de varias lonxitudes de casetes ou a integróns nos cromosomas bacterianos (fronte, por exemplo, os de plásmidos). Hoxe, o uso de "superintegrón" é desaconsellado polo seu significado ambiguo.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "ASMscience | The Integron: Adaptation On Demand". doi:10.1128/microbiolspec.mdna3-0019-2014. 
  2. Mazel (2006). "Integrons: agents of bacterial evolution". Nature Reviews Microbiology 4 (8): 608–620. doi:10.1038/nrmicro1462. 
  3. Kovalevskaya, N. P. (2002). "Mobile Gene Cassettes and Integrons". Molecular Biology 36 (2): 196–201. doi:10.1023/A:1015361704475. 
  4. Hall R, Collis C, Kim M, Partridge S, Recchia G, Stokes H (1999) Mobile gene cassettes and integrons in evolution.
  5. Hall, RM; Collis, CM (1995). "Mobile gene cassettes and integrons: Capture and spread of genes by site-specific recombination". Molecular Microbiology 15 (4): 593–600. PMID 7783631. doi:10.1111/j.1365-2958.1995.tb02368.x. 
  6. 6,0 6,1 Hall, R. M.; Stokes, HW (2004). "Integrons or super integrons?". Microbiology 150 (Pt 1): 3–4. PMID 14702391. doi:10.1099/mic.0.26854-0. 
  7. Mazel, D.; Dychinco, B; Webb, VA; Davies, J (1998). "A Distinctive Class of Integron in the Vibrio cholerae Genome". Science 280 (5363): 605–8. PMID 9554855. doi:10.1126/science.280.5363.605. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.