Instituto de Investigacións Biomédicas August Pi i Sunyer
O Instituto de Investigacións Biomédicas Augusto Pi i Sunyer (IDIBAPS), creado en 1996, é un dos motores da investigación biomédica en Cataluña. Nel traballa persoal investigador básico e clínico para achegar unha resposta, a través da investigación científica, aos principais retos da biomedicina moderna.[1]
O IDIBAPS está formado polo Hospital Clínico de Barcelona, a Facultade de Medicina da Universidade de Barcelona e o Instituto de Investigacións Biomédicas de Barcelona, do Centro Superior de Investigacións Científicas, e o seu obxectivo é acadar un modelo de investigación que permita un traspaso rápido das novas descubertas á práctica clínica. As iniciativas divulgativas que lidera e as súas frecuentes aparicións nos medios de comunicación reforzan o impacto do alta número de publicacións científicas do seu persoal investigador. En 2009 gañou un dos premios Narcís Monturiol.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Institut d'Investigacions Biomèdiques August Pi i Sunyer (IDIBAPS). Universitat de Barcelona. (en catalán)
- ↑ Concessió de la Medalla i Placa Narcís Monturiol 2009 Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Generalitat de Catalunya. (en catalán)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sitio web do IDIBAPS.
- Programa de inmunoloxía do IDIBAPS.