Inmaculada Mengíbar
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 5 de xuño de 1962 Córdoba |
| Actividade | |
| Ocupación | escritora |
Inmaculada Mengíbar, nada en Córdoba o 5 de xuño de 1962, é unha escritora feminista española. Licenciada en Filoloxía Hispánica, reivindica o seu dereito como muller á produción, fronte ao tradicional papel da reprodución e así o reflicte nas súas obras.
A súa obra combina poesía e narrativa, situando os poema en contextos urbanos e cotiáns.[1]Amosa influencias de Rafael Alberti e da Xeración do 50, especialmente de Jaime Gil de Biedma.[2]
Foi incluída en Los cuarenta principales. Antología general de la poesía andaluza contemporánea (1975-2002)[3], unha selección de poetas nados entre os anos 1945 e 1977, que publicada pola editorial Renacimiento para visibilizar poetas de Andalucía pouco coñecidos no ámbito nacional.[4]
A súa poesía foi recollida tamén noutras antoloxías como Ellas tienen la palabra: dos décadas de poesía española,[5] Poesía para los que leen prosa ou La otra sentimentalidad: estudio y antología.[6]
En 1988 foi galardoada co Premio Hiperión[1] pola súa obra Los días laborables,[7] e no ano 1994 obtivo o Premio Jaén de poesía, por Pantalones blancos de franela.[8]
Obra
[editar | editar a fonte]- Los días laborables (1988).
- Pantalones blancos de franela (1994).
- Reverso (1996).
- Igual que entonces (2025)
Premios
[editar | editar a fonte]- Hiperión (1988).
- Premio Jaén de Poesía (1994).[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 ACE-Andalucía (2025-07-21). "CON LA POETISA INMACULADA MENGÍBAR". Asociacion Colegial de Escritores en Andalucia (en castelán). Consultado o 2025-10-15.
- ↑ Bartolomé, Pilar (2019-02-03). "Inmaculada Mengíbar, una voz feminista de la poesía". El Día de Córdoba (en castelán). Consultado o 2025-10-15.
- ↑ Baltanás, Enrique Jesús Rodríguez, ed. (2002). Los 40 principales: antología general de la poesía andaluza contemporánea (1975 - 2002). Colección Calle del aire. Sevilla: Renacimiento. ISBN 978-84-8472-042-3.
- ↑ Belausteguigoitia, Santiago (2002-09-18). "Los 40 principales". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2025-10-15.
- ↑ Benegas, Noni; Munárriz, Jesús, eds. (2006). Ellas tienen la palabra: dos décadas de poesía española ; antología. Poesía Hiperión (3. ed ed.). Madrid: Ed. Hiperión. ISBN 978-84-7517-592-8.
- ↑ Díaz de Castro, Francisco, ed. (2003). La otra sentimentalidad: estudio y antología. Vandalia Maior (1. ed ed.). Sevilla: Fundación José Manuel Lara. ISBN 978-84-96152-13-7.
- ↑ "Premio de Poesía Hiperión – Ediciones Hiperión" (en castelán). Consultado o 2025-10-15.
- ↑ "Premio Jaén de Poesía – Ediciones Hiperión" (en castelán). Consultado o 2025-10-15.
- ↑ Ediciones Hiperión. "Premio Jaén" (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2016.