Influencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Influencia | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
|
Subclase de
| |
|
Aspecto de
| |
|
Caracterizado por
| |
| Fontes e ligazóns | |
| Wikidata |
O concepto de influencia refírese á habilidade para exercer un poder (en calquera das súas formas) sobre alguén, de parte dunha persoa, dun grupo ou dun acontecemento en particular.
Na sociedade, a influencia preséntase nas interrelacións de axentes humanos e móstrase claramente nos cambios de actitude que presenta un determinado grupo de persoas ás cales vai dirixida, tendo en conta o grao dos cambios determínase o grao de influencia exercida. No desenvolvemento da influencia preséntanse distintos factores que permiten a súa realización, como os recursos políticos cos que se conta ou a habilidade de persuasión e disuasión. A influencia utiliza métodos flexibles, entre os cales se destaca o poder de convencemento.
Segundo a teoría organizacional, maniféstase influencia cando na relación de axentes humanos xorde un líder notábel que, por carisma, autoridade ou notoriedade, é capaz de incidir nun ou máis individuos, quen se acollen ás decisións de dito líder.